- Sede electrónica AV -
Servizos



Os servizos dispoñibles na rede se diferenzan entre:

Servizos sen certificado
Aqueles servizos accesibles para os colexiados a través do seu nome de usuario e contrasinal web. Os mesmos que empregan para acceder a páxina do Colexio, parte privada (simbolizada por estar en vermello). Entre estos servizos está: Datos do colexiado/a, deontoloxía, impugnación de honorarios, quenda de oficio (Ver as quendas designadas, quendas sin xustificar, gardas...), ingresos e pagos, acceso á biblioteca.

Servizos con certificado
Aqueles servizos que implican a necesidade dunha identificación maior do usuario, para os cales é preciso a certificación electrónica que garante electrónicamente a identidade da persoa que está a realizar esa transacción telemática. Para este tipo de servizos pode accederse a través da autentificación mediante un dos dous tipos de certificados dispoñibles:

- DNI electrónico (DNIe): emitido pola Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) é o documento que acredita a identidade, os datos persoais e a nacionalidade do seu titular mediante un chip capaz de gardar de forma segura información e procesala internamente.
Máis información: www.dnielectronico.es

- Certificado ACA: emitido pola Autoridade de Certificación da Avogacía (ACA) identifica ao titular e garante a súa condición de avogado/a. Se non conta cun certificado ACA ou caducou (expira aos 3 anos) pode realizar a solicitude ou renovación ao Colexio de Avogados de Vigo. Máis información: www.acabogacia.org/acabogacia
Máis información: www.acabogacia.org/acabogacia

Ambos mecanismos permiten exercer estos servizos a través de internet con plena validez xurídica. Entre os servizos os que pode acceder está: Emisión de certificados, emisión de pases a prisión, apuntarse a xornadas ou eventos, apuntarse a subvencións, xustificar quenda de oficio.
Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
Praza de América - Portal oficinas, 2-1º
Tfno. (986) 20 81 11 - 20 82 00 - Fax: (986) 20 00 03
colexio@icavigo.es